Ola rapaces!
Hoxe foi 23 de febreiro e, por primeira vez, celebramos o Día de Rosalía de Castro neste día en lugar do tradicional 24. O cambio produciuse despois de que a filóloga Sagrario Abelleira revelase unha documentación que acredita que a autora nacera tal día coma o de hoxe.
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega non deixaron escapar a oportunidade de rendirlle homenaxe e traballar sobre ela e a súa obra.
Aquí tedes a súa imaxe na entrada do cole acompañada dun código QR que nos leva a unha proposta interactiva creada para traballar en aula, pero se queredes podedes desfrutala tamén na casa a través do código que aparece á dereita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario