luns, 8 de xuño de 2026

PDI O UNIVERSO

 Durante todo este curso 2025-2026, o alumnado do SPV estivemos a traballar o Universo como o noso PDI.

Esta fantástica aventura polo espacio permitiunos aprender e comprender moitos aspectos ata agora descoñecidos para nós e fixo que a nosa curiosidade non faga máis que medrar e medrar!

Dende a Biblioteca fixemos unha escolma bibliográfica para intentar dar resposta a todas aquelas preguntas que ían xurdindo a medida que avanzaban os meses.



Cando chegou o 8M (Día da Muller) decidimos aprender sobre todas aquelas mulleres que, a través do tempo e en diferentes lugares do mundo, tamén un día miraron ás estrelas e quedaron fascinadas polo espacio: científicas, astronautas, físicas... Todas elas protagonizaron unha exposición da que aprendemos moito.




E para rematar, chegou a nosa exposición final. Nela, todos os cursos presentaron os seus produtos finais, os resultados de meses de traballo, investigación e esforzo. Constelacións, planetas, naves espaciais, transbordadores... O SPV convertíuse, por uns días, nun centro de investigación!















venres, 15 de maio de 2026

RECOMENDACIÓNS PARA FESTEXAR AS NOSAS LETRAS

Sempre é un bo momento para ler en galego e nesta semana, ademais, é o mellor xeito de festexar as nosas Letras!


Dende o EDLG do cole, fixéronnos unha selección ben variada que cremos que vai gustar a todo o noso público lector do SPV. Moitas gracias, rapazas!


Xa nos diredes as vosas opinións!






venres, 17 de abril de 2026

KNOLLING LITERARIO

 Familias,

Dende o Equipo de Biblioteca queremos convidarvos a unha actividade co gallo do Día do Libro.

Queremos que compartades con nós ese libro que non parades de ler; ese que espanta todos os pesadelos antes de durmir; o que case podedes recitar de memoria de tantas veces que o léstedes...

Pero queremos que nos presentedes o voso libro dun xeito especial: cunha técnica coñecida como "KNOLLING LITERARIO".

Isto do "Knolling" ten unha orixe ben curiosa: nos anos 80, nunha empresa de mobles chamada Knoll International, o seu conserxe, Andrew Kromelow, comezou a ordenar as súas ferramentas en ángulos rectos sobre as superficies, sendo moi meticuoloso coa súa alineación. Un deseñador, Tom Sachs, viu isto e popularizouno como un método visual : colocar obxectos de xeito paralelo ou perpendicular entre si, creando composicións ordeadas.

QUE VOS PROPOÑEMOS?

Que, en familia, fagades os vosos "knollings", ben con libros infantís ou de adultos e que nolos enviedes por mail á Biblioteca. 

Nós imprimirémolos e organizaremos unha exposición ben chula cos que nos enviedes.

A ONDE O ENVIAMOS?

Ao mail da Biblioteca:

tecasanpedro@gmail.com

RECOMENDACIÓNS:

Imaxe en horizontal e enviada en formato PDF ou JPG.

PRAZO:

Venres, 24 de abril


CONTAMOS CON VÓS!

martes, 3 de marzo de 2026

Cuestionarios PLEA

 Co fin de mellorar o Plan de Lectura do noso centro, precisamos da vosa colaboración e vos pedimos que cubrades estas 3 enquisas.

 Clica en cada unha de elas, asegúrate de contestar todas as preguntas e non olvides darlle a ENVIAR.


Lectura


Escritura

 

Acceso á información


Moitas grazas pola vosa colaboración. 😉 


mércores, 18 de xuño de 2025

Resultados das votacións

 As voluntarias de 6º fixeron o reconto de votos na hora do recreo e TECA vaivos dicir o tema do Proxecto do vindeiro curso...




martes, 17 de xuño de 2025

luns, 16 de xuño de 2025

Interésanos a túa opinión.

Cada curso por estas datas nos gusta botar a vista atrás e valorar o que fixemos na biblio durante o curso para tratar de que cada un de vós se sinta a gusto e teña ganas de vir. Para coñecer mellor as vosas opinións e gustos, e así tratar de mellorar, nos gustaría que contestárades esta enquisa. 

Moitas grazas pola vosa colaboración💜💜💜