xoves, 22 de decembro de 2022

Recomendacións de Nadal

Por fín chegou o Nadal!!!!

Canto nos gustan estas datas de celebracións e agasallos!! Falando de agasallos... xa tedes as vosas cartas listas? Se precisades algunha idea, dende a biblio deixámosvos algunhas propostas...














xoves, 15 de decembro de 2022

Recreos na biblio

Este curso despois de moooitos e longos cursos.. por fín podemos volver a usar a biblioteca durante os recreos

Teca está abraiada, xa que cada semana hai máis nenos e nenas que a anterior... ESTAMOS FELICES!!!!

Hai que ter en conta que isto non podería ser posible sen a axuda dos nosos voluntarios e voluntarias de 4º, 5º e 6º que colaboran: organizando o espazo, ordenando, dinamizando xogos e dirixindo os obradoiros. Obradoiros???? Sí, sí .. na biblio cada mes temos un obradoiro cunha temática distinta. 

📅En outubro, ao ser o mes do Samaín houbo un obradoiro de manualidades de Samaín. 🎃🎃




📅 En novembro por ser o mes da ciencia en galego, podíanse facer experimentos científicos🔎💉.



📅 En  decembro está a haber un obradoiro de adornos navideños.🎄


Ademáis dos Obradoiros, os nenos e nenas que visitan a biblio no recreo poden ler, xogar cos Kapla, experimentar na mesa de luz, disfrutar dun divertido xogo de mesa e ultimamente están empezando a botar partidas de xadrez... como vedes hai actividades para tódolos gustos.