xoves, 19 de maio de 2022

RADIO MUNDO NON PARA

Ola amiguiñ@s!


Como ben sabedes a radio do cole, RADIO MUNDO, é un recurso didáctico que empregan dende os máis pequeniños ata os maiores do cole.

Hoxe traémosvos os dous últimos episodios publicados:

- Científicas galegas: Mar Capeáns. Un episodio realizado polo alumnado de 5º que é parte dun proxecto sobre as científicas galegas. Neste episodio faise unha semblanza da vida e logros de Mar Capeáns.

How do they see you? Un episodio realizado dentro do proxecto de Edl Plástica de 6º sobre a propia imaxe. Nel os alumnos e alumnas contestan sobre como pensan que os ven os compañeiros, se estes os coñecen en realidade e como se ven eles a sí mesmos.

Agora só tedes que entrar na nosa canle de IVOOX ou pinchar sobre as imaxes que vos deixamos a continuación para escoitalas:




 

martes, 17 de maio de 2022

Día das Letras Galegas

Estreamos as nosas placas Makey Makey cun panel sobre Florencio Delgado Gurriarán, no que, tocando os de textos do autor escritos, podemos escoitalos.

Requeriu por parte dos alumnos das clases de 4º A e 4º B, escribir os textos, facer os debuxos, colocar o adhesivo de cobre en lugares estratéxicos do panel, para posteriormente conectalo mediante os cables á placa Makey Makey e ao ordenador.

Previamente grabamos na radio os diferentes textos que se escoitarán.











venres, 6 de maio de 2022

WHAT IS THIS?

 Hello! I'm Teca...

Algo está a pasar na Biblio... ¡Mirade o que apareceu! 

En canto poda xa vos conto máis... pero a min estáseme pegando xa o inglés... 😉

Bye!






luns, 2 de maio de 2022

Escornaolímpicos

Para este xogo precisamos o escornabot , a funda para colocales e as Tarxetas escornaolímpicos nas que están moitos atletas olímpicos de distintos deportes, as medallas totais de de ouro que gañaron e tamén a súa bandeira. 
Rapaces/as de 4º redactaron as instrucións para distintos niveis pero seguro que se vos ocorren moitas máis formas de xogar. Atrevédevos!!

Neste vídeo o escornabot está indo a deportes de auga.