luns, 20 de decembro de 2021

Recomendacións de Nadal

 Ola a tod@s!!

Se aínda non escribístedes a carta, aquí vos deixo algunha idea para esste Nadal 🎁!!

Fixen unha selección dalgúns dos meus libros e xogos preferidos e mais dalgunhas novidades que chegaron nestas semanas á biblio e que me encantaron; xa sabedes que todo o que chega, pasa polas miñas ás😉. 

Espero que vos guste 💜






venres, 17 de decembro de 2021

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Ola rapaces!

Hoxe serei eu, TECA que vos explique como sucedeu o MES DA CIENCIA EN GALEGO na nosa biblioteca.

Todo ocorreu durante o pasado mes de NOVEMBRO. Comezamos co RECANTO DE MAXIA OU CIENCIA? no que se elaboraron diferentes receitas de apocemas que tiñan como nexo de unión a mesma reacción química.

Aquí vos deixo a entrada do blog onde o explicamos: 

                                                 👉RECANTO DE MAXIA OU CIENCIA?👈



Posteriormente os alumnos e alumnas de 5º andiveron a xogar coa ciencia a través de diferentes experimentos (pincha no título para ver o video):






Por último, quédame por contarvos que os nenos e nenas de 4º ofrecéronse a expoñer o proxecto dos volcáns no que tanto traballaron o mes pasado.


Estas exposicións aos outros cursos (con explosión volcánica incluída) realizáronse na Biblio e todos quedaron ENCANTADOS!
👋

xoves, 9 de decembro de 2021

TEÑO AXUDANTES NA BIBLIO!

Ola amiguiñ@s da Biblio! 

Hoxe son eu, TECA, quen vos informa.

Dende hai varias semanas, todos os mércores aparecen alumnos e alumnas do cole que queren colaborar no bo funcionamento da Biblioteca.

Seica se apuntaron para ser voluntarios e eu estouvos ben agradecida. Dende que pasan por aquí está todo moi recollidiño e organizadiño.

Seguide así✨

         
 

martes, 30 de novembro de 2021

25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O xoves pasado foi 25 de Novembro, e como vimos facendo en cursos anteriores, conmemoramos o Día Internacional da Violencia de Xénero.

Estas foron algunhas das propostas:

  • Dende a Biblioteca a nosa amiga TECA recopilou algúns libros de interese para reflexionar sobre o significado deste día.



  • Tamén se facilitaron curtametraxes e cancións como a de Rozalén: "La puerta violeta" para facer escoita activa, reflexións e análise do seu significado. 
            Deixamos o link por se vos apetece volver a escoitala:



  • Unha vez realizada esta actividade os alumnos foron baixando á entrada para cruzar a nosa porta violeta e participar na DIANA "Acerta pola non violencia" intentando acertar en actitudes positivas que combatan a violencia.

  • Como actividade final, todos os rapaces do centro participaron nunha andaina simbólica: a IX ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.




Esperamos que vos gustara.
💜

luns, 8 de novembro de 2021

Xogos olímpicos no San Pedro de Visma

Como recordaredes a finais do curso pasado Teca nos propuxo dous temas para  traballar no Proxecto de centro neste curso 2021-2022: as olimpiadas e os inventos.

Realizamos unha votación 📩 na que participou todo o centro e o tema que saliu elexido por ampla maioría foi "As olimpiadas".

Así que, alá imos!! O SPV xa está coas zapatillas postas para poñerse en forma🏃. Estamos seguros de que será un proxecto moi divertido e que conseguirá espertar o noso espírito olímpico.

🔥O luns  9 a Antorcha Olímpica sae de Olimpia 🇬🇷. Pasará por 5 continentes 🗺️, 27 paises 🗽 e 32 cidades 🏙️.


🥈No ano olímpico de Visma, entre as súas actividades, está a de conseguir traer a Antorcha Olímpica🕊️ ao colexio para celebrar os Xogos Olímpicos no mes de xuño de 2022. 🚴‍♂️
.
🏫 Obxectivo de centro: sumar entre todas as aulas Kms para completar o traxecto da Antorcha 🔥 desde Olimpia🇬🇷 ➡️ A Coruña🇪🇦.
.
🚸 Obxectivo de cada aula: camiñar/correr todas as semanas polo circuíto do SPV para sumar kms e completar as rutas semanais da Antorcha.
.
💪 O CEIP San Pedro de Visma aposta polo Estilo de Vida Activa e Saudable. 🍏

Aquí vos deixamos o Vídeo de presentación do Proxecto.

domingo, 7 de novembro de 2021

Radio Mundo





No cole estamos de celebración, xa que a nosa radio, "Radio Mundo", foi seleccionada para incorporarse ao Proxecto de Radio na Biblioteca. 
O equipo de voluntarios de radio xa está a traballar para empezar as gravacións, así que xa sabedes suscribídevos á nosa canle de Ivoox!!!📻








 

sábado, 6 de novembro de 2021

Celebramos o Samaín

 Como xa é tradición no noso cole, no Samaín todo o alumnado participa nun contacontos na biblio. Nesta ocasión foron algúns profes os encargados de asustar a grandes e pequenos (aínda que a uns máis que a outros😉😂)

Como podedes ver nas fotos, o alumnado puxo moito mimo na decoración das tradicionais cabazas🎃, que tivo lugar nas aulas nos días anteriores. Con elas axudáronnos a crear o ambiente terrorífico que precisabamos para estas datas.


Despois de tantos días falando e lendo sobre bruxas, entráronnos as ganas de probar nós a facer cousas de bruxas...

Así que nos decidimos a facer unha apócema. Cada clase creou a súa propia receita cos ingredientes que máis lles gustaban. Había arañas, ratos, moscas, líquidos fedorentos de moitas cores, pós máxicos...

Cada receita foi distinta pero todas coincidían en comezar a  botar burbullas cando engadíamos os pós máxicos e mesturábamos co líquido máis cheirento de todos (algúns nen@s dicían que cheiraba a ensalada..).. 

Isto fíxonos reflexionar sobre a maxia... O que estabamos a facer... sería maxia ou ciencia?



mércores, 27 de outubro de 2021

Contacontos da man de Pedro Brandariz

 O outro día o alumnado de terceiro tivo o enorme pracer de contar coa visita de Pedro Brandariz, para contarlles un conto de Paraugas. Foi todo un éxito, como era de esperar.

🙏🙏Moitas grazas a Pedro Brandariz e mais á libraría Carapuchiña Feroz por agasallarnos con esta divertida proposta.



mércores, 22 de setembro de 2021

Concurso!!!!

 

Teca empeza o curso con gañas de xogar. Xa rematou os libros de adiviñas da biblio e agora nos pide que lle plantexemos nós novas adiviñas.

De seguro que inventaredes algunha adiviña que lle faga pensar un bo anaco....

 


domingo, 27 de xuño de 2021

Gañadores do concurso: Logo e nome da nosa radio

Xa temos nome e logo para a nosa radio escolar: Radio Mundo SPV (Sonido Participación Volume). 
O noso agradecemento para todos os que participastes e puxestes a vosa imaxinación a funcionar.
Houbo moi boas propostas e este é o resultado gañador. 
A mestra Rocío fíxolles entrega duns cascos como agasallo.

Claudia LópezCarla F. Asensio
Darío Oliva  Darío Oliva
 

















                                                                    Antía Pita

luns, 21 de xuño de 2021

Tema gañador das votacións

 Despois do reconto de hoxe pola mañá, no que participaron varios nen@s de sexto e un mestre, o tema gañador é......



Aquí podedes ver as mans encargadas de facer o reconto


Resultados:

🏆Olimpiadas: 206 votos

Inventos: 64 votos

Votos en blanco: 3 votos 

Votos nulos : 1 voto



domingo, 20 de xuño de 2021

Estreamos radio

 Por fín, temos canle de radio!!!! 

Temos que agradecer a ANPA a súa colaboración e aportación económica que nos permitiu adquirir todo o que precisabamos.🙌🙌🙌🙌

Podedes suscribirvos á nosa canle e así daravos aviso de cada podcast que subamos.

Por certo... en breve coñeceremos @ gañador@ do concurso do logo da radio... 😃

mércores, 16 de xuño de 2021

Preparándonos para o vindeiro curso

Teca xa está a pensar no  Proxecto do vindeiro curso, pero está indecisa entre dous temas e quere contar coa vosa opinión para escollelo. Así que non se lle ocorreu mellor idea, que organizar unha xornada de Eleccións este venres 18 de xuño. Neste vídeo cóntavos todo con máis detalle.

  

luns, 14 de xuño de 2021

A túa opinión é importante

 Estamos rematando o curso e queremos que nos axudedes a mellorar a nosa biblio. Por iso necesitamos que cubrades este formulario para coñecer a vosa opinión.


mércores, 26 de maio de 2021

Día do libro


Este ano polo protocolo Covid  non puidemos realizar o apadriñamento lector entre grandes e pequenos como ven sendo tradición para celebrar o Día do Libro. 
Desta vez a actividade consistiu en que cada un de nós trouxo ao cole o seu libro favorito para compartir co seu grupo. Houbo recomendacións, conversas e incluso lecturas conxuntas. 
Nos vídeos que tedes a continuación, podedes ver a cada un de nós co noso libro favorito. Cada neno e nena amosa o libro e di unha palabra representativa do seu libro (nalgúns vídeos non se escoita😅😅). Esperamos que vos espertasen as ganas de ler algo novo💜💜💜.


INFANTIL


1º CICLO


2º CICLO


3º CICLO







venres, 14 de maio de 2021

Entrega de premios do concurso de poesía

Lembrades o concurso de poesía? Pois hoxe entregamos os premios aos mellores creadores e creadoras de poemas do noso colexio. Todos/as os/as participantes amosaron unha gran creatividade, polo que damos a noraboa aos poetas e poetisas do SPV. Seguide así e estamos seguros que teremos ainda máis participación para o próximo concurso que se convoque!!

Gañadoras de primeiro ciclo: Aia e Yanela


Gañadoras de 2º ciclo: Antía e Sabela
Gañadores de terceiro ciclo: Alba e  Fabio (recolle o premio unha compañeira)








domingo, 9 de maio de 2021

Día do libro

 Este ano, aínda que non se podía facer apadriñamento, non quixemos perder a oportunidade de celebrar esta data tod@s xunt@s facendo unha lectura conxunta. 

Cada neno e nena trouxo o seu libro favorito e saímos a ler todos xuntos. Ensinar o teu libro favorito aos compis é compartir algo moi especial, por iso esta actividade deu para moito: lecturas compartidas, recomendacións, intercambios,... Seguro que algún de vós fixo un bo descubrimento😍.


Pena que o tempo non acompañase e non puidesemos sentar no campo, pero a pesar diso foi un día xenial!!!




xoves, 22 de abril de 2021

Novidades na biblio en LSE

 

A Intérprete da Lingua de Signos do nos centro, Paula, escribiu un conto inclusivo baseado na súa experiencia no noso cole,"Dí e os Amorodos". Está signado en LSE, musicalizado, subtitulado con voz e ilustrado.  Podes velo a través deste código QR. 
 

 Os exemplares en versión galego, castelán, inglés e Braille están xa con TECA! 💜💜💜
Paula dedicou o seu conto a todo o alumnado e profesorado polo esforzo diario durante o confinamento.💓💓💓
 


Concurso de poesía

 Como ven sendo tradición na biblio do SPV durante o mes de abril dedicamos unha atención especial á poesía. Por iso enchemos o noso recuncho da entrada de libros de rimas e poesías, que se poden levar ás aulas. 



E como broche final, organizamos un concurso de poesía para todos e todas. 

📆O plazo para presentar as vosas creacións remata o vindeiro 30 de abril.




xoves, 18 de marzo de 2021

8M, Día da muller

 No cole celebramos o 8 M, día da Muller por todo o alto, xa que fixemos unha morea de actividades.

🙍💬  Tivemos charlas de mulleres que traballan en campos relacionados cos hábitos saudables temática á que está adicado o PDI deste curso. 

Os de Infantil e 2º de Primaria fixeron un descubrimento moi especial... Resulta que entre as profes do cole hai unha que xogou no Depor⚽!!! A que non o sabíades?

Pois invitou a outras dúas xogadoras, unha delas fisioterapeuta, e nos falaron da importancia de practicar deporte e ter unha vida activa para estar máis sans. Ademáis nos amosaron un montón de cousas, incluso unha copa🏆


Ata tivemos adestramento!!!!


Os de primeiro aprenderon moito de hábitos de hixiene e alimentación coa visita dunha mamá que é enfermeira. Explicoulles a importancia de ter uns hábitos saudables para medrar sans: da importancia de coidar a alimentación🍉🍒🍓, da hixiene, de durmir 10 horas, da actividade física e de ser felices💗💜.  Ata fixeron un experimento!




Os de 4º tiveron a visita dunha peixeira🐟🐠 moi especial, xa que é a avoa dunha das nenas da clase. Faloulles da importancia do peixe na nosa dieta, pero tamén do importante que é poder elexir un traballo que che faga feliz, como é o seu caso😊. Houbo moitas preguntas por parte dos nenos e nenas, que querían saber de todo😅.

E os de 5º e 6º tiveron unha videoconferencia con Tamara Pazos, unha divulgadora especialista en neurociencia que lles deu unha charla sobre a influencia da alimentación no seu crecemento e saúde. Ao rematar puideron facer unha rolda de preguntas. Foi mooooi interesante! 



👩🎨Fixemos un concurso de ilustración sobre mulleres galegas que destacan en moi diversos eidos. E algúns cursos participaron nun concurso de carteis. 

💜👩🎀 E o propio día 8, todos colaboramos nunha actividade na que puxemos en valor o papel das mulleres na vida cotiá de cada un de nós. Cada nen@ escribiu nun lazo o nome da muller ou mulleres da nosa vida. Unha actividade moi sinxela pero con moito 💜.

                          

📗📘Ata estreamos un novo recuncho de biblio situado na entrada do cole, no que expusemos un montón de novidades relacionadas con esta temática.