venres, 17 de abril de 2026

KNOLLING LITERARIO

 Familias,

Dende o Equipo de Biblioteca queremos convidarvos a unha actividade co gallo do Día do Libro.

Queremos que compartades con nós ese libro que non parades de ler; ese que espanta todos os pesadelos antes de durmir; o que case podedes recitar de memoria de tantas veces que o léstedes...

Pero queremos que nos presentedes o voso libro dun xeito especial: cunha técnica coñecida como "KNOLLING LITERARIO".

Isto do "Knolling" ten unha orixe ben curiosa: nos anos 80, nunha empresa de mobles chamada Knoll International, o seu conserxe, Andrew Kromelow, comezou a ordenar as súas ferramentas en ángulos rectos sobre as superficies, sendo moi meticuoloso coa súa alineación. Un deseñador, Tom Sachs, viu isto e popularizouno como un método visual : colocar obxectos de xeito paralelo ou perpendicular entre si, creando composicións ordeadas.

QUE VOS PROPOÑEMOS?

Que, en familia, fagades os vosos "knollings", ben con libros infantís ou de adultos e que nolos enviedes por mail á Biblioteca. 

Nós imprimirémolos e organizaremos unha exposición ben chula cos que nos enviedes.

A ONDE O ENVIAMOS?

Ao mail da Biblioteca:

tecasanpedro@gmail.com

RECOMENDACIÓNS:

Imaxe en horizontal e enviada en formato PDF ou JPG.

PRAZO:

Venres, 24 de abril


CONTAMOS CON VÓS!