xoves, 23 de abril de 2020

Día do Libro.


Feliz Día do Libro a todos e todas!

Encantaríanos poder celebralo todos xuntos como cada 23 de abril e, grandes e pequenos, sentar a ler polo noso precioso campo como fixemos estes últimos anos. Quen puidese estar sentado á sombra dunha árbore escoitando un fermoso conto!!!!





Por iso vos propoño que vos poñades cómodos, pechedes os ollos e vos imaxinedes que estades alí, mentres o profe Fabián nos conta o conto da "Ratiña Presumida de Camariñas".




          


domingo, 19 de abril de 2020

En busca dos contos perdidos pola casa.

Para a celebración do día do libro, que é o vindeiro 23 de abril, propoñémosvos unha actividade á que chamamos En busca dos contos perdidos pola casa. 
A actividade consiste en buscar algo pola casa que che recorde a unha escena dun conto. Sacades unha foto ou un vídeo e nolo mandades, xunto co título do conto a tecasanpedro@gmail.com.

Aquí vos deixamos un exemplo. 


           
A QUE SABE A LÚA?
Deixade voar a vosa imaxinación, xa veredes que ben o pasades!!! 

Apadriñamento virtual

Como sabedes o vindeiro xoves 23 de abril celébrase o día do libro. Gustaríanos celebralo cun apadriñamento lector, como é tradición no noso cole. Só que desta vez terá que ser un apadriñamento virtual
Para isto pedímosvos que nos enviedes un audio ou un vídeo lendo un conto que vos guste. Podedes lelo vós sós ou con axuda da vosa familia, usar monicreques ou incluso cantalo, como no vídeo que vos deixamos aquí, do conto "Polo camiño".



Animádevos e participade! Se queredes podedes adicarllo aos vosos afillad@s ou aos vosos padriños e madriñas.
Enviadeo a tecasanpedro@gmail.com

luns, 6 de abril de 2020

Suxerencias para o confinamento


Como sabedes nas clases estábamos a facer unha investigación e reflexión sobre a cantidade de plástico que se xenera cos nosos xoguetes. Pero este traballo quedou paralizado polo confinamento, así que vos propoñemos continualo na casa. 


 Niño pensando mientras escribe algo en un papel | Vector Premium



Primeiro reflexionamos... Con que te estás a entreter máis? Cos xoguetes de plásico a pilas ou con manualidades e xogos? Xogos de mesa? Xogos en familia? Cales serán os bos recordos que che queden destes días. E despois nos poñemos mans á obra ....


PRIMEIRA PROPOSTA:  XOGOS TRADICIONAIS  Seguro que estes días algúen da túa familia che ensinou algún deses xogos cos que pasaba o tempo cando era rapaz (mariola, chapas, tutifruti, se-se-sé,..). Se necesitades facer memoria na barra lateral tedes algúns enlaces que vos poden axudar. Compárteo con nós e así entre todos e todas intentaremos amenizarnos o confinamento.Envíanos o vídeo ou fotos coa explicación para que podamos aprender a xogar.
              Juegos tradicionales. Recuperemos nuestros juegos de la infancia                                      10 juegos populares (muy divertidos) | Pequeocio         Juegos tradicionales para jugar en casa durante la cuarentena                    Cómo hacer un campo de fútbol de chapas. Manualidad casera con ...                                            
  

SEGUNDA PROPOSTA: XOGUETES CON MATERIAIS DE REFUGALLO. É momento de sacar a relucir a nosa creatividade e o noso inxenio... Acabouse o deterxente, que podo facer co recipiente? un coche? unha casa? 
Cómo hacer juguetes con material reciclado     5 Juguetes caseros con materiales reciclados | Manualidades con ...
 
DIY un helicóptero de juguete reciclado - Juguetes

              Juguetes con materiales reciclados



Podedes realizar a proposta que máis vos guste ou facelas todas. Despois nos enviades o vídeo ou foto acompañado da explicación correspondente ao correo da biblio: tecasanpedro@gmail.com.


xoves, 2 de abril de 2020

Debuxando poesías

Seguro que a moitos e moitas de vós, vos encantará debuxar.


        El experimento de Lepper, Greene y Nisbett y la sobrejustificación ...


E que mellor forma de pasar estes días que facendo algo que nos gusta moito ao tempo que deixamos voar a nosa imaxinación e exercitamos a nosa creatividade. 

A nosa proposta para estes días é debuxar poesías. Podedes buscar algunha poesía que vos guste, ou incluso escribila vós, e nola enviades xunto co voso debuxo ao correo da biblio: tecasanpedro@gmail.com.

Apetécevos? Nós estamos desexando ver as vosas creacións. 

Aquí vos deixamos algunhas por se queredes ir empezando. Esperamos que vos sirvan de inspiración...



Gloria Fuertes, propuesta didáctica. | Poesias infantiles, Gloria ...    


LA CLASE DE LUNA: DOÑA PITO PITURRA --- GLORIA FUERTES | Poemas ...

          •    A BALEA ( Concha Blanco)A balea Dorié moi viaxeirade andar polo mundovolveuse moderna.Usa bañadortoalla de cadroslentes de solpendente na orella.Prefire moverse en barcoporque mancou unha aletapero agora está aprendendo a andar en bicicleta.  «Poemas para pintar», Concha Blanco (Sotelo Blanco, 2006). Ilustrado polos alumnos e alumnas da escola Igrexa-Cacheiras (CRA de Teo), este libro está orientado aos primeiros lectores de Educación Infantil e ás nenas e nenos de Primeiro Ciclo de Primaria. Trátase dun libro escrito para ser lido polas nenas e nenos, e no que se utilizou o tipo de letra manuscrita co que comezan a ler e a escribir en Educación Infantil. Este libro está pensado para que os máis novos gocen da literatura. Pintar, Tipos De Letras, Versos, Literatura, Lectura, Libros, Adolescente, Historietas, Arte