Seguro que a moitos e moitas de vós, vos encantará debuxar.
E que mellor forma de pasar estes días que facendo algo que nos gusta moito ao tempo que deixamos voar a nosa imaxinación e exercitamos a nosa creatividade.
A nosa proposta para estes días é debuxar poesías. Podedes buscar algunha poesía que vos guste, ou incluso escribila vós, e nola enviades xunto co voso debuxo ao correo da biblio: tecasanpedro@gmail.com.
Apetécevos? Nós estamos desexando ver as vosas creacións.
Aquí vos deixamos algunhas por se queredes ir empezando. Esperamos que vos sirvan de inspiración...
- A BALEA ( Concha Blanco)A balea Dorié moi viaxeirade andar polo mundovolveuse moderna.Usa bañadortoalla de cadroslentes de solpendente na orella.Prefire moverse en barcoporque mancou unha aletapero agora está aprendendo a andar en bicicleta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario