xoves, 18 de marzo de 2021

8M, Día da muller

 No cole celebramos o 8 M, día da Muller por todo o alto, xa que fixemos unha morea de actividades.

🙍💬  Tivemos charlas de mulleres que traballan en campos relacionados cos hábitos saudables temática á que está adicado o PDI deste curso. 

Os de Infantil e 2º de Primaria fixeron un descubrimento moi especial... Resulta que entre as profes do cole hai unha que xogou no Depor⚽!!! A que non o sabíades?

Pois invitou a outras dúas xogadoras, unha delas fisioterapeuta, e nos falaron da importancia de practicar deporte e ter unha vida activa para estar máis sans. Ademáis nos amosaron un montón de cousas, incluso unha copa🏆


Ata tivemos adestramento!!!!


Os de primeiro aprenderon moito de hábitos de hixiene e alimentación coa visita dunha mamá que é enfermeira. Explicoulles a importancia de ter uns hábitos saudables para medrar sans: da importancia de coidar a alimentación🍉🍒🍓, da hixiene, de durmir 10 horas, da actividade física e de ser felices💗💜.  Ata fixeron un experimento!




Os de 4º tiveron a visita dunha peixeira🐟🐠 moi especial, xa que é a avoa dunha das nenas da clase. Faloulles da importancia do peixe na nosa dieta, pero tamén do importante que é poder elexir un traballo que che faga feliz, como é o seu caso😊. Houbo moitas preguntas por parte dos nenos e nenas, que querían saber de todo😅.

E os de 5º e 6º tiveron unha videoconferencia con Tamara Pazos, unha divulgadora especialista en neurociencia que lles deu unha charla sobre a influencia da alimentación no seu crecemento e saúde. Ao rematar puideron facer unha rolda de preguntas. Foi mooooi interesante! 



👩🎨Fixemos un concurso de ilustración sobre mulleres galegas que destacan en moi diversos eidos. E algúns cursos participaron nun concurso de carteis. 

💜👩🎀 E o propio día 8, todos colaboramos nunha actividade na que puxemos en valor o papel das mulleres na vida cotiá de cada un de nós. Cada nen@ escribiu nun lazo o nome da muller ou mulleres da nosa vida. Unha actividade moi sinxela pero con moito 💜.

                          

📗📘Ata estreamos un novo recuncho de biblio situado na entrada do cole, no que expusemos un montón de novidades relacionadas con esta temática.