mércores, 22 de xuño de 2022

Xa temos novo tema!!!

 Como sabedes xa estamos a pensar no vindeiro curso... 

O outro día Teca propúxonos dous temas a escoller:

Olimpia e Coruña.. 


O luns e o martes todos o nenos e nenas do cole acudimos a depositar o noso voto



e despois dun exhaustivo reconto de votos por parte dalgúns dos voluntari@s de sexto....



por unha maioría de 172 votos fronte a 107 votos recibidos pola outra opción... O TEMA DO NOSO PROXECTO SERÁ...







Grazas voluntari@s!!!

 Ola amig@s! 

Son Teca. Hoxe estiven reunida cos voluntarios e voluntarias de quinto e sexto para darlles un agasallo en agradecemento ao traballo de todo este curso.

Grazas equipo por achegarvos cada mércores á biblio a colaborar e traballar na súa organización e funcionamento!👏👏👏👏👏👏👏👏👏

Espérovos o vindeiro curso..💜💜💜💜



Voluntari@s de sexto. Ata sempre!!!!




Voluntarias de quinto. Contamos con vós o próximo curso!


Obradoiro de pulseiras

 Acordádesvos de que os nenos e nenas da escola de Barrionovo puxeron a funcionar a súa impresora 3D para facernos uns abalorios en forma de aros olímpicos?

Pois ben, estes días estivemos a elaborar as nosas pulseiras. Os nenos máis grandes, é dicir os padriños e madriñas, foron ás aulas dos seus afillados a botarlles unha man. E así de chulas nos quedaron. 



Grazas amigos e amigas de Barrionovo!



martes, 21 de xuño de 2022

TELE-TECA

Ola! 
Son Teca. Recordades que hai uns días vos falei de que converteramos a biblio nun plató de televisión???....
Pois aquí tedes o resultado: TELE-TECA.
Os nenos e nenas do cole fixeron un resumo do proxecto deste curso en forma de informativo.  Foi moi divertido!!

Esperamos que vos guste.


luns, 20 de xuño de 2022

Votacións do tema do PDI do vindeiro curso

Ola amigos e amigas:

Remata o curso e xa estou pensando no vindeiro ... Por iso vos propoño dous temas para o proxecto do vindeiro curso e que vos elixades. Tedes a urna na entrada para poder votar. Sorte!


 

Opina e colabora con Teca

A Teca sempre lle gusta saber que é o que máis vos gusta da nosa biblio e das actividades que nos propon.👂👀
Por iso é importante que cubradaes esta enquisa que lle axudará a mellorar a biblio de cara ao vindeiro curso💜💜💜💜💜.


martes, 7 de xuño de 2022

UN PLATÓ DE TELEVISIÓN!

Psss!

Son Teca!

Pásome para contarvos, así, sen que me escoite ninguén, que estamos a converter a Biblio nun plató de televisión...

A ver en qué queda todo isto... pero seguireivos informando en canto me entere de máis cousas. 😉😉






xoves, 2 de xuño de 2022

Colaboración intercentros: Biblio-TECA "CEIP San Pedro de Visma" e BiblioBN "EEI Barrio Novo"

Boas, rapac@s!

O final de curso aproxímase e dende o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma estamos coa recta final a tope! 

Fai unhas semanas fixemos un encargo moi especial aos nosos amigos e amigas da EEI Barrio Novo. Eles contan cunha impresora 3D e nós precisabamos uns aros olímpicos para unhas pulseiras que servirán como agasallo e broche final do noso PDI sobre os Xogos Olímpicos. Posto que serán 350... xa están mans á obra imprimíndoas para nós.

Moitas grazas compañeir@s!



vídeo explicativo impresora 3 D

mércores, 1 de xuño de 2022

A Colmea

Temos un novo xogo na biblioteca. O fixeron os nenos de 4ºA e 4ºB pero o está aquí para todos. 

Chámase a COLMEA, temén coñecido como HIVE, e pódese xogar en parellas ou en dous grupos. As instrucións as tedes xunto as pezas e detrás de cada insecto veredes como é o seu movemento. 

Aquí vedes como o crearon. 

 

Tamén fixemos un tríptico en Canva coas instrucións en galego. A que nos quedou bonito?



Xogaron en dous equipos, non querían parar, tanto que lles gustou. 
Quen llo vai ir pedir a Teca?