mércores, 23 de febreiro de 2022

23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

Ola rapaces! 

Hoxe foi 23 de febreiro e, por primeira vez, celebramos o Día de Rosalía de Castro neste día en lugar do tradicional 24. O cambio produciuse despois de que a filóloga Sagrario Abelleira revelase unha documentación que acredita que a autora nacera tal día coma o de hoxe.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega non deixaron escapar a oportunidade de rendirlle homenaxe e traballar sobre ela e a súa obra.

Aquí tedes a súa imaxe na entrada do cole acompañada dun código QR que nos leva a unha proposta interactiva creada para traballar en aula, pero se queredes podedes desfrutala tamén na casa a través do código que aparece á dereita.


Como conmemoración desta data cada alumno levou á casa un marcapáxinas.

domingo, 13 de febreiro de 2022

Día da Radio

 Ola amig@s!!

Hoxe 13 de febreiro celébrase o día Internacional da Radio📻. Para festexalo gravamos un programa especial🎧🎤. Accede a el a través do código QR que tes na imaxe.

Subscríbete á nosa canle de Radio Mundo e recibirás notificacións📢 cada vez que haxa un novo programa. Este curso xa temos 12!!!



venres, 11 de febreiro de 2022

APRENDEMOS XOGANDO

Ola rapaces! 

Hoxe tráigovos unha boa nova... 

Temos nova sección na Biblio con XOGOS DE MESA.

Todos estos que vos mostramos aquí abaixo xa están á vosa disposición e asegurámosvos que os disfrutaredes moito. Teñen diferentes niveis e modos de xogo e o mellor de todo é que estaredes aprendendo á vez que xogades.

Algúns céntranse en traballar a atención e as funcións executivas, outros profundizan  nalgúns conceptos que tamén traballamos na aula (como o corpo humano) e outros, pola contra, resolven preguntas que ata o de agora non foras quen de formular aos adultos.



Espero que vos pasedes pola biblio e aprendades moito xogando.

Podedes contarme nos comentarios a vosa experiencia, TECA.💜
 

sábado, 5 de febreiro de 2022

TRABALLANDO NA RADIO DO COLE: RADIO MUNDO



Ola amiguiñ@s!


Como ben vos contamos a principios de novembro, a nosa radio do cole, RADIO MUNDO, comezou as gravacións dos primeiros episodios do trimestre da man dos voluntarios máis radiofónicos do cole.

Neste trimestre elaboramos varias entrevistas como tarefa final do proxecto da Fundación Barrié #SENVANDALISMO que se implementou no último curso de Educación Primaria. 

Despois de moito esforzo con sesións de concienciación na biblio, búsqueda de información, elaboración de guións, gravación e edición das mesmas, xa vos podemos presentar as dúas primeiras. 

Só tedes que entrar na nosa canle de IVOOX ou pinchar sobre as imaxes que vos deixamos a continuación para escoitalas:

Entrevista a Fabián (Xefe de Estudos do centro).


Entrevista a Fabiola (limpadora do centro)