domingo, 20 de decembro de 2020

Recomendacións para o Nadal

Para este Nadal, Teca estivo buscando entre os libros da biblioteca algúns dos seus favoritos por se os queredes incluir na carta dos Reis Magos. Como vedes hai para tódolos gustos e idades. 





Tes ti algunha lectura para recomendarnos? 
Pois vai anotando porque estamos preparando unha nova sección para as vosas recomendacións. 

Iso sí as vosas terán que ser máis divertidas e creativas... 🎭🎬🎶

venres, 27 de novembro de 2020

 25 N: Contra a violencia de xénero

 Cada aula visionou un conto ou curtametraxe e posteriormente os alumnos/as escribiron  nun post-it de cor morada unha palabra ou frase na que recolleron a emoción ou sentimento que lles provocou.

Finalmente colocaron o seu post-it nun dos lazos colocados na entrada principal.

Algúns dos contos suxeridos foron: “O Conto de Maruxa”, “Arturo y clementina”, “Rosa caramelo”, “La cenicienta que no quería comer perdices” ou “El matrato sutil”.









 1º B




4º B de EI

Teatro de títeres

Os nenos de Educación Infantil puideron ver unha emocionante obra de Anita Maravillas Teatro: "Jon Braun". 

No poboado dos pequenos indios todo é ledicia. Pero un día as vidas de Jon Braun e a súa irmá  Malintxe se separan. A valiente irmá é levada lonxe. O pequeno indio irá buscala.

Unha emocionante historia que conta como o amor pode vencer á adversidade.

Entre tipis, totems e indios, cos efectos das luces e sombras potenciouse a atracción dos pequenos cara ao espectáculo, xa vedes o atentos que están.





sábado, 14 de novembro de 2020

Xogos tradicionais

 Despois de aprender a botar a sortes, toca poñerse a xogar. Os mestres de Educación física ensináronnos xogos tradicionais, cos que seguimos a traballar a lingua galega e a contribuir a que a tradición oral galega siga a transmitirse aos máis pequenos.

E de paso contribuimos a instaurar uns hábitos saudables entre os máis pequenos, un dos grandes obxectivos deste curso no noso cole.


Empezamos cos nenos e nenas de

                                                                                1ºA



                                        

                                                                              1º B

                                                                                2ºA

                    


                                                                           2ºB

                                                                           3ºA
                







                                                                             3º B


4ºA


                                                                                4º B

5ºA




5ºB

xoves, 5 de novembro de 2020

Recitado de botar a sortes

 Seguimos aprendendo recitados para botar a sortes...

EDUCACIÓN INFANTIL

                                                                    3 anos A


 Pincha aquí3 anos B

Pincha aquí: 4 anos A


4 anos B

5 anos A


5 anos B

EDUCACIÓN PRIMARIA

2ºA




Pincha aquí: 2º B




4ºA

4ºB



5ºA


5º B






6º A:  pincha aquí


6º B



















xoves, 29 de outubro de 2020

 Contacontos de Samaín 

A Biblioteca do colexio transformouse por uns días nunha escura cova onde, á luz dunha fogata imponente, diversos mestres e mestras relatan contos relacionados co Samaín.

Cada clase recibiu unha invitación coma esta.

Recoñecedes a alguén?  Pincha aquí:



Recitados de botar a sortes

Estos son os recitados en resposta á proposta de Teca no Día das Bibliotecas, para celebrar a Semana da Tradición Oral en galego. 

Comezamos!!!
                                                                                    3º B




        3ºA


1º A

 



1º B




Non lembras o que nos pedía TECA? Fai click aquí para ver o vídeo

 













domingo, 25 de outubro de 2020

Empréstito de libros

Xa tedes as caixas cos libros para o empréstito nas aulas. Recordade anotarvos na listaxe de libros e valorar o libro cando o devolvades de 0👎a 5 👍. Se non sabedes por cal decidirvos recordade que temos unha sección de recomendacións, na que podedes colaborar😉.

Este ano hai unha novidade, a área de descanso, na que o libro estará un día enteiro antes de que o poida levar outra persoa.

Se queredes ler algún libro que non estea na caixa, solicitádeo na folla de suxerencias. 

Boa lectura a todos e todas!


xoves, 22 de outubro de 2020

Celebración do Día das Bibliotecas

Ola a todos e todas!!!!

O vindeiro 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Como coincide sábado, nós pasámolo para o venres 23😉. Para conmemoralo  empezamos co empréstito de libros e cunha actividade, que vos propón Teca, coa que celebraremos tamén a Semana de Tradición Oral en galego.

Ademáis de isto cada clase preparará un xogo popular en galego na clase de Educación Física. Irémolo colgando no blog. Estade atentos!!!!👀

Neste vídeo Teca volo explicará mellor...




 


venres, 19 de xuño de 2020

Recomendacións de lecturas para o verán

Dende a biblioteca Ágora, facilitáronnos unhas recomendacións de lectura para este verán. Trátase dunha guía moi completa con opcións para tódalas idades e gustos. Animádevos que teñen moi boa pinta!




Deixovos o arquivo por se o queredes  descargar ou imprimir Guía de lecturas refrescantes



Fin de curso

Pois nos chegou a fin de curso na casa... Ogallá o vindeiro curso podamos estar todos xuntos de novo no cole estrenando a biblio nova, que xa vos anticipo que estivemos aproveitando para pintar e mercar un montón de cousas chulas.

Na enquisa saiu como máis votado o espazo de manipulación e imos telo en conta, xa veredes o que estamos a preparar.... Vaivos encantar!!!
Tamén temos un montón de xogos para crear un recuncho de xogos ben completo. Hai para tódolos gustos (cooperativos, lóxica, de equilibrio, de mates,...)  Xa veredes que divertidos!
E na biblio-patio tamén temos incorporacións de libros moi chulos que nos axudarán a coñecer un pouco máis a natureza do noso cole.

Con tantas novidades xa case entran ganas de empezar o curso😅. Pero agora toca disfrutar moito do verán, da praia, do monte, da familia e do aire libre. Pasádeo moi ben e gardade un tempiño cada día para disfrutar da lectura.

BO VERÁN!!!💜💜💜💜💜

Déixovos o vídeo que fixemos no cole para fin de curso, espero  que vos guste.
 

veleiro verde spv curso 2019-2020 from lom on Vimeo.



sábado, 13 de xuño de 2020

Valoración da nosa biblio

Como ven sendo costume estes últimos cursos, ao chegar a fin de curso nos gusta que nos deades a vosa opinión sobre a biblio, xa que o noso obxectivo é que sexa un espazo que vos guste , vos resulte acolledor e ao que estedes desexando ir.

Queremos que a biblio teña un pouquiño de cada un de vós, así que cantos máis participedes, máis nos achegaremos a ese obxectivo.💜


Anímate e opina.


venres, 5 de xuño de 2020

Hoxe é 5 de xuño, Día do Medio Ambiente

Hoxe, como cada 5 de xuño, celébrase o Día do Medio Ambiente🌍.
Como sabedes no noso cole somos moi ecoloxistas e procuramos coidar e respetar a natureza 💚. Por iso na biblio creamos un🌳  Espazo Natura 🍀 , que pouco a pouco estamos dotando de libros chulísimos, que vos animamos a consultar en canto volvamos ao cole.


 Aquí tedes unha foto do noso Espazo Natura, coa exposición que fixemos da análise de xoguetes. Como vedes temos mobles novos!! Vai quedar chulísima!!👏👏👏👏👏


Os libros para consultar cando traballemos na horta non podían faltar.

    

Esta colección permítenos adentrarnos nun formigueiro, na colmea e na árbore. Estamos desexando que saquen máis títulos desta colección.                                         






Mirade qué chulada de libro desplegable! Explícanos dun xeito moi claro os fenómenos da natureza.





Temos moitos máis, e os que chegarán. Xa sabedes onde tedes que ir en canto volvamos ao cole 





venres, 15 de maio de 2020

Día da Familia

Como cada 15 de maio celebramos o Día da Familia

Neste día dedicado ás familias, queremos expresar a nosa gratitude e dedicarvos unha pequena homenaxe.

Unha homenaxe, polo esforzo que estades a facer para superar as dificultades do día a día; sabemos que moitos tedes que facer de mestres, psicólogos, cociñeiros, artistas, médicos, enfermeiros, informáticos, perruqueiros, cantantes, pais, amigos … . Ademais, dun sen fin doutras profesións que ides aprendendo sobre a marcha para poder axudar aos vosos fillos.

 Por iso, a familia que formamos os mestres do colexio queremos aproveitar este día para darvos as grazas polo voso acompañamento e apoio.
                                    
 GRAZAS FAMILIAS! 



           

luns, 11 de maio de 2020

Letras Galegas

Como sabedes, o vindeiro día 17 de maio, celébrase o día das Letras Galegas. Dende o Equipo de Normalización do cole propóñennos unha actividade moi chula e sinxela. Consiste en escoller a vosa palabra favorita en galego.

 Entrade no enlace para acceder á información completa.  Enlace actividade

 
Eu xa participei. Animádevos a participar!!!
 

domingo, 3 de maio de 2020

Enganchando contos

Esta semana propoñémosvos unha actividade moi creativa. Consiste en inventar unha historia a partir de títulos de libros.  Así que vai polos teus contos e libros e ponte a darlle ao miolo, non é tan fácil como parece. Pero xa verás como pouco a pouco, enganchando contos, conseguirás unha boa historia.

Coma sempre estamos desexando recibir as vosas creacións e as das vosas familias. Xa sabedes que nos fai moita ilusión, así que enviadeas en canto as teñades listas a tecasanpedro@gmail.com .

Deixámosvos unhas fermosas historias para que vos inspiren. Gracias ás profes Eva e Lucía pola vosa colaboración.


  


         

sábado, 2 de maio de 2020

Empezan a aparecer os primeiros contos perdidos pola casa


 Os nenos e nenas do cole empezan a atopar os contos perdidos pola casa. Algúns mandáronnos fotos, outros vídeos pero todos están xenial. 
Propoñémosvos que intentedes adivinalo antes de ler o título, a ver se sodes quen de acertar algún.

Se aínda non atopastedes ningún conto, empezade a buscar que aínda estades a tempo de participar...
ver actividade "en busca dos contos perdidos pola casa"
  

O primeiro atopouno Aldán





Tamén apareceu A Ratiña Presumida

                                 



 
Martina atopou a Blancanieves
       
                                 



Xoel atopou o conto de "A lebre e a tartaruga"



                      



Uxía deu con "A cebra Camila"

                       



Outros nenos e nenas enviáronnos fotos dos contos atopados



  

xoves, 23 de abril de 2020

Día do Libro.


Feliz Día do Libro a todos e todas!

Encantaríanos poder celebralo todos xuntos como cada 23 de abril e, grandes e pequenos, sentar a ler polo noso precioso campo como fixemos estes últimos anos. Quen puidese estar sentado á sombra dunha árbore escoitando un fermoso conto!!!!





Por iso vos propoño que vos poñades cómodos, pechedes os ollos e vos imaxinedes que estades alí, mentres o profe Fabián nos conta o conto da "Ratiña Presumida de Camariñas".




          


domingo, 19 de abril de 2020

En busca dos contos perdidos pola casa.

Para a celebración do día do libro, que é o vindeiro 23 de abril, propoñémosvos unha actividade á que chamamos En busca dos contos perdidos pola casa. 
A actividade consiste en buscar algo pola casa que che recorde a unha escena dun conto. Sacades unha foto ou un vídeo e nolo mandades, xunto co título do conto a tecasanpedro@gmail.com.

Aquí vos deixamos un exemplo. 


           
A QUE SABE A LÚA?
Deixade voar a vosa imaxinación, xa veredes que ben o pasades!!!