xoves, 27 de xaneiro de 2022

O PAPAGAIO: O XORNAL PARA XENTE MIUDA

 Á fala TECA, de novo!

Hoxe preséntovos, por se aínda non o coñecedes, unha opción de lectura moi chula que temos na Biblio:

O XORNAL PARA XENTE MIÚDA: O PAPAGAIO.

 

Aquí está en formato papel, pero non sei se sabedes, que tamén podedes ver dende a vosa casa o formato en dixital dos meses pasados.

Aquí vos deixo algunha edición xa pasada (pincha na imaxe): 



Deixa aquí abaixo nos comentarios a túa opinión sobre este orixinal xornal ;)

Ata a próxima amiguiñ@s!

venres, 21 de xaneiro de 2022

VISITA DO ESCRITOR HÉCTOR CAJARAVILLE

Esta semana tivemos unha visita moi esperada:

A do escritor Héctor Cajaraville autor do libro KUSUMA que resultou ser Premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2018.

Foi unha visita fantástica na que o alumnado de 6º de Primaria puido escoitar de man do propio autor os detalles da historia de KUSUMA, debatir con el os puntos fortes e febles, personaxes favoritas, tramas, etc. E ata nos firmou varios exemplares con dedicatoria!

Na parte final do encontro o alumnado preguntou pola posibilidade dunha segunda parte ao autor e... non queremos desvelar nada... pero parece que vai empezar a traballar nisto.

Grazas pola túa visita, Héctor, foi un pracer.




xoves, 13 de xaneiro de 2022

NOVIDADES 2º TRIMESTRE

Á fala TECA, de novo!

Feliz ano 2022 e feliz inicio de trimestre.

Hoxe déixovos por aquí algunhas novidades da Biblio que deixaron os REIS MAGOS o APALPADOR e PAPÁ NOEL para vos. Algúns xa están en empréstito
e outros tardarán algúns días máis.

Desexo que vos gusten.💜