venres, 21 de xaneiro de 2022

VISITA DO ESCRITOR HÉCTOR CAJARAVILLE

Esta semana tivemos unha visita moi esperada:

A do escritor Héctor Cajaraville autor do libro KUSUMA que resultou ser Premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2018.

Foi unha visita fantástica na que o alumnado de 6º de Primaria puido escoitar de man do propio autor os detalles da historia de KUSUMA, debatir con el os puntos fortes e febles, personaxes favoritas, tramas, etc. E ata nos firmou varios exemplares con dedicatoria!

Na parte final do encontro o alumnado preguntou pola posibilidade dunha segunda parte ao autor e... non queremos desvelar nada... pero parece que vai empezar a traballar nisto.

Grazas pola túa visita, Héctor, foi un pracer.




Ningún comentario:

Publicar un comentario