xoves, 19 de decembro de 2019

Apadriñamento lector no Nadal

Para celebrar a chegada do Nadal e crear vínculos entre grandes e pequenos do cole,organizamos un apadriñamento lector .Cada un dos nenos e nenas maiores leulle a un dos pequenos un conto que xa tiña preparado. Cada recuncho do cole encheuse de susurros que facían deste momento, un momento cargado de maxia e complicidade, que de seguro se repetirá ao longo do curso. 

sábado, 14 de decembro de 2019

Recoméndoche

Acabaches un libro e non sabes cal escoller agora?

Tes que facer un agasallo pero non sabes que libro escoller?

Os voluntarios e voluntarias da biblio recoméndanvos algúns.






venres, 13 de decembro de 2019

Benvidos!!

Como sabedes estamos a poñer en marcha a nosa biblio. Despois de mudanzas e obras agardamos que desta poidamos empezar a sacarlle todo o partido que ten a nosa marabillosa biblio.

Como podedes ver os cambios foron moitos...😄