martes, 30 de novembro de 2021

25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O xoves pasado foi 25 de Novembro, e como vimos facendo en cursos anteriores, conmemoramos o Día Internacional da Violencia de Xénero.

Estas foron algunhas das propostas:

  • Dende a Biblioteca a nosa amiga TECA recopilou algúns libros de interese para reflexionar sobre o significado deste día.



  • Tamén se facilitaron curtametraxes e cancións como a de Rozalén: "La puerta violeta" para facer escoita activa, reflexións e análise do seu significado. 
            Deixamos o link por se vos apetece volver a escoitala:



  • Unha vez realizada esta actividade os alumnos foron baixando á entrada para cruzar a nosa porta violeta e participar na DIANA "Acerta pola non violencia" intentando acertar en actitudes positivas que combatan a violencia.

  • Como actividade final, todos os rapaces do centro participaron nunha andaina simbólica: a IX ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.




Esperamos que vos gustara.
💜

luns, 8 de novembro de 2021

Xogos olímpicos no San Pedro de Visma

Como recordaredes a finais do curso pasado Teca nos propuxo dous temas para  traballar no Proxecto de centro neste curso 2021-2022: as olimpiadas e os inventos.

Realizamos unha votación 📩 na que participou todo o centro e o tema que saliu elexido por ampla maioría foi "As olimpiadas".

Así que, alá imos!! O SPV xa está coas zapatillas postas para poñerse en forma🏃. Estamos seguros de que será un proxecto moi divertido e que conseguirá espertar o noso espírito olímpico.

🔥O luns  9 a Antorcha Olímpica sae de Olimpia 🇬🇷. Pasará por 5 continentes 🗺️, 27 paises 🗽 e 32 cidades 🏙️.


🥈No ano olímpico de Visma, entre as súas actividades, está a de conseguir traer a Antorcha Olímpica🕊️ ao colexio para celebrar os Xogos Olímpicos no mes de xuño de 2022. 🚴‍♂️
.
🏫 Obxectivo de centro: sumar entre todas as aulas Kms para completar o traxecto da Antorcha 🔥 desde Olimpia🇬🇷 ➡️ A Coruña🇪🇦.
.
🚸 Obxectivo de cada aula: camiñar/correr todas as semanas polo circuíto do SPV para sumar kms e completar as rutas semanais da Antorcha.
.
💪 O CEIP San Pedro de Visma aposta polo Estilo de Vida Activa e Saudable. 🍏

Aquí vos deixamos o Vídeo de presentación do Proxecto.

domingo, 7 de novembro de 2021

Radio Mundo





No cole estamos de celebración, xa que a nosa radio, "Radio Mundo", foi seleccionada para incorporarse ao Proxecto de Radio na Biblioteca. 
O equipo de voluntarios de radio xa está a traballar para empezar as gravacións, así que xa sabedes suscribídevos á nosa canle de Ivoox!!!📻








 

sábado, 6 de novembro de 2021

Celebramos o Samaín

 Como xa é tradición no noso cole, no Samaín todo o alumnado participa nun contacontos na biblio. Nesta ocasión foron algúns profes os encargados de asustar a grandes e pequenos (aínda que a uns máis que a outros😉😂)

Como podedes ver nas fotos, o alumnado puxo moito mimo na decoración das tradicionais cabazas🎃, que tivo lugar nas aulas nos días anteriores. Con elas axudáronnos a crear o ambiente terrorífico que precisabamos para estas datas.


Despois de tantos días falando e lendo sobre bruxas, entráronnos as ganas de probar nós a facer cousas de bruxas...

Así que nos decidimos a facer unha apócema. Cada clase creou a súa propia receita cos ingredientes que máis lles gustaban. Había arañas, ratos, moscas, líquidos fedorentos de moitas cores, pós máxicos...

Cada receita foi distinta pero todas coincidían en comezar a  botar burbullas cando engadíamos os pós máxicos e mesturábamos co líquido máis cheirento de todos (algúns nen@s dicían que cheiraba a ensalada..).. 

Isto fíxonos reflexionar sobre a maxia... O que estabamos a facer... sería maxia ou ciencia?