Como xa é tradición no noso cole, no Samaín todo o alumnado participa nun contacontos na biblio. Nesta ocasión foron algúns profes os encargados de asustar a grandes e pequenos (aínda que a uns máis que a outros😉😂)
Como podedes ver nas fotos, o alumnado puxo moito mimo na decoración das tradicionais cabazas🎃, que tivo lugar nas aulas nos días anteriores. Con elas axudáronnos a crear o ambiente terrorífico que precisabamos para estas datas.
Despois de tantos días falando e lendo sobre bruxas, entráronnos as ganas de probar nós a facer cousas de bruxas...
Así que nos decidimos a facer unha apócema. Cada clase creou a súa propia receita cos ingredientes que máis lles gustaban. Había arañas, ratos, moscas, líquidos fedorentos de moitas cores, pós máxicos...
Cada receita foi distinta pero todas coincidían en comezar a botar burbullas cando engadíamos os pós máxicos e mesturábamos co líquido máis cheirento de todos (algúns nen@s dicían que cheiraba a ensalada..)..
Isto fíxonos reflexionar sobre a maxia... O que estabamos a facer... sería maxia ou ciencia?
Ningún comentario:
Publicar un comentario