martes, 11 de febreiro de 2020

Traballando na organización da biblio

Os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º estannos a axudar coa posta en marcha da biblio. Como non podía ser doutro xeito na nosa biblio creamos un ESPAZO NATURA, e este espazo estámolo a dotar de moitos libros tan diversos como interesantes. Os nenos e nenas están a clasificalos segundo traten a temática do cambio climático, dos plásticos, de reciclaxe, de horta, de insectos... Despois de investigar un pouco sobre a temática que tratan fan fotografías dos mesmos e incluso algún video de presentación das novidades. Xa vos ensinaremos o resultado. Estamos ansiosos por velo!!!