venres, 19 de xuño de 2020

Recomendacións de lecturas para o verán

Dende a biblioteca Ágora, facilitáronnos unhas recomendacións de lectura para este verán. Trátase dunha guía moi completa con opcións para tódalas idades e gustos. Animádevos que teñen moi boa pinta!




Deixovos o arquivo por se o queredes  descargar ou imprimir Guía de lecturas refrescantes



Fin de curso

Pois nos chegou a fin de curso na casa... Ogallá o vindeiro curso podamos estar todos xuntos de novo no cole estrenando a biblio nova, que xa vos anticipo que estivemos aproveitando para pintar e mercar un montón de cousas chulas.

Na enquisa saiu como máis votado o espazo de manipulación e imos telo en conta, xa veredes o que estamos a preparar.... Vaivos encantar!!!
Tamén temos un montón de xogos para crear un recuncho de xogos ben completo. Hai para tódolos gustos (cooperativos, lóxica, de equilibrio, de mates,...)  Xa veredes que divertidos!
E na biblio-patio tamén temos incorporacións de libros moi chulos que nos axudarán a coñecer un pouco máis a natureza do noso cole.

Con tantas novidades xa case entran ganas de empezar o curso😅. Pero agora toca disfrutar moito do verán, da praia, do monte, da familia e do aire libre. Pasádeo moi ben e gardade un tempiño cada día para disfrutar da lectura.

BO VERÁN!!!💜💜💜💜💜

Déixovos o vídeo que fixemos no cole para fin de curso, espero  que vos guste.
 

veleiro verde spv curso 2019-2020 from lom on Vimeo.



sábado, 13 de xuño de 2020

Valoración da nosa biblio

Como ven sendo costume estes últimos cursos, ao chegar a fin de curso nos gusta que nos deades a vosa opinión sobre a biblio, xa que o noso obxectivo é que sexa un espazo que vos guste , vos resulte acolledor e ao que estedes desexando ir.

Queremos que a biblio teña un pouquiño de cada un de vós, así que cantos máis participedes, máis nos achegaremos a ese obxectivo.💜


Anímate e opina.


venres, 5 de xuño de 2020

Hoxe é 5 de xuño, Día do Medio Ambiente

Hoxe, como cada 5 de xuño, celébrase o Día do Medio Ambiente🌍.
Como sabedes no noso cole somos moi ecoloxistas e procuramos coidar e respetar a natureza 💚. Por iso na biblio creamos un🌳  Espazo Natura 🍀 , que pouco a pouco estamos dotando de libros chulísimos, que vos animamos a consultar en canto volvamos ao cole.


 Aquí tedes unha foto do noso Espazo Natura, coa exposición que fixemos da análise de xoguetes. Como vedes temos mobles novos!! Vai quedar chulísima!!👏👏👏👏👏


Os libros para consultar cando traballemos na horta non podían faltar.

    

Esta colección permítenos adentrarnos nun formigueiro, na colmea e na árbore. Estamos desexando que saquen máis títulos desta colección.                                         






Mirade qué chulada de libro desplegable! Explícanos dun xeito moi claro os fenómenos da natureza.





Temos moitos máis, e os que chegarán. Xa sabedes onde tedes que ir en canto volvamos ao cole