venres, 15 de maio de 2020

Día da Familia

Como cada 15 de maio celebramos o Día da Familia

Neste día dedicado ás familias, queremos expresar a nosa gratitude e dedicarvos unha pequena homenaxe.

Unha homenaxe, polo esforzo que estades a facer para superar as dificultades do día a día; sabemos que moitos tedes que facer de mestres, psicólogos, cociñeiros, artistas, médicos, enfermeiros, informáticos, perruqueiros, cantantes, pais, amigos … . Ademais, dun sen fin doutras profesións que ides aprendendo sobre a marcha para poder axudar aos vosos fillos.

 Por iso, a familia que formamos os mestres do colexio queremos aproveitar este día para darvos as grazas polo voso acompañamento e apoio.
                                    
 GRAZAS FAMILIAS! 



           

luns, 11 de maio de 2020

Letras Galegas

Como sabedes, o vindeiro día 17 de maio, celébrase o día das Letras Galegas. Dende o Equipo de Normalización do cole propóñennos unha actividade moi chula e sinxela. Consiste en escoller a vosa palabra favorita en galego.

 Entrade no enlace para acceder á información completa.  Enlace actividade

 
Eu xa participei. Animádevos a participar!!!
 

domingo, 3 de maio de 2020

Enganchando contos

Esta semana propoñémosvos unha actividade moi creativa. Consiste en inventar unha historia a partir de títulos de libros.  Así que vai polos teus contos e libros e ponte a darlle ao miolo, non é tan fácil como parece. Pero xa verás como pouco a pouco, enganchando contos, conseguirás unha boa historia.

Coma sempre estamos desexando recibir as vosas creacións e as das vosas familias. Xa sabedes que nos fai moita ilusión, así que enviadeas en canto as teñades listas a tecasanpedro@gmail.com .

Deixámosvos unhas fermosas historias para que vos inspiren. Gracias ás profes Eva e Lucía pola vosa colaboración.


  


         

sábado, 2 de maio de 2020

Empezan a aparecer os primeiros contos perdidos pola casa


 Os nenos e nenas do cole empezan a atopar os contos perdidos pola casa. Algúns mandáronnos fotos, outros vídeos pero todos están xenial. 
Propoñémosvos que intentedes adivinalo antes de ler o título, a ver se sodes quen de acertar algún.

Se aínda non atopastedes ningún conto, empezade a buscar que aínda estades a tempo de participar...
ver actividade "en busca dos contos perdidos pola casa"
  

O primeiro atopouno Aldán





Tamén apareceu A Ratiña Presumida

                                 



 
Martina atopou a Blancanieves
       
                                 



Xoel atopou o conto de "A lebre e a tartaruga"



                      



Uxía deu con "A cebra Camila"

                       



Outros nenos e nenas enviáronnos fotos dos contos atopados