Como cada 15 de maio celebramos o Día da Familia.
Neste día
dedicado ás familias, queremos expresar a nosa gratitude e dedicarvos unha
pequena homenaxe.
Unha homenaxe,
polo esforzo que estades a facer para superar as dificultades do día a día; sabemos
que moitos tedes que facer de mestres, psicólogos, cociñeiros, artistas, médicos,
enfermeiros, informáticos, perruqueiros, cantantes, pais, amigos … . Ademais, dun
sen fin doutras profesións que ides aprendendo sobre a marcha para poder axudar
aos vosos fillos.
Por
iso, a familia que formamos os mestres do colexio queremos aproveitar este día
para darvos as grazas polo voso acompañamento e apoio.
GRAZAS
FAMILIAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario