Ola rapaces!
Hoxe tráigovos unha boa nova...
Temos nova sección na Biblio con XOGOS DE MESA.
Todos estos que vos mostramos aquí abaixo xa están á vosa disposición e asegurámosvos que os disfrutaredes moito. Teñen diferentes niveis e modos de xogo e o mellor de todo é que estaredes aprendendo á vez que xogades.
Algúns céntranse en traballar a atención e as funcións executivas, outros profundizan nalgúns conceptos que tamén traballamos na aula (como o corpo humano) e outros, pola contra, resolven preguntas que ata o de agora non foras quen de formular aos adultos.
Espero que vos pasedes pola biblio e aprendades moito xogando.
Podedes contarme nos comentarios a vosa experiencia, TECA.💜
Ningún comentario:
Publicar un comentario