xoves, 2 de xuño de 2022

Colaboración intercentros: Biblio-TECA "CEIP San Pedro de Visma" e BiblioBN "EEI Barrio Novo"

Boas, rapac@s!

O final de curso aproxímase e dende o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma estamos coa recta final a tope! 

Fai unhas semanas fixemos un encargo moi especial aos nosos amigos e amigas da EEI Barrio Novo. Eles contan cunha impresora 3D e nós precisabamos uns aros olímpicos para unhas pulseiras que servirán como agasallo e broche final do noso PDI sobre os Xogos Olímpicos. Posto que serán 350... xa están mans á obra imprimíndoas para nós.

Moitas grazas compañeir@s!



vídeo explicativo impresora 3 D

Ningún comentario:

Publicar un comentario