Como sabedes nas clases estábamos a facer unha investigación e reflexión sobre a cantidade de plástico que se xenera cos nosos xoguetes. Pero este traballo quedou paralizado polo confinamento, así que vos propoñemos continualo na casa.
Primeiro reflexionamos... Con que te estás a entreter máis? Cos xoguetes de plásico a pilas ou con manualidades e xogos? Xogos de mesa? Xogos en familia? Cales serán os bos recordos que che queden destes días. E despois nos poñemos mans á obra ....
PRIMEIRA PROPOSTA: XOGOS TRADICIONAIS Seguro que estes días algúen da túa familia che ensinou algún deses xogos cos que pasaba o tempo cando era rapaz (mariola, chapas, tutifruti, se-se-sé,..). Se necesitades facer memoria na barra lateral tedes algúns enlaces que vos poden axudar. Compárteo con nós e así entre todos e todas intentaremos amenizarnos o confinamento.Envíanos o vídeo ou fotos coa explicación para que podamos aprender a xogar.
SEGUNDA PROPOSTA: XOGUETES CON MATERIAIS DE REFUGALLO. É momento de sacar a relucir a nosa creatividade e o noso inxenio... Acabouse o deterxente, que podo facer co recipiente? un coche? unha casa?
Podedes realizar a proposta que máis vos guste ou facelas todas. Despois nos enviades o vídeo ou foto acompañado da explicación correspondente ao correo da biblio: tecasanpedro@gmail.com.
Ningún comentario:
Publicar un comentario