Ola rapaces!
Hoxe serei eu, TECA que vos explique como sucedeu o MES DA CIENCIA EN GALEGO na nosa biblioteca.
Todo ocorreu durante o pasado mes de NOVEMBRO. Comezamos co RECANTO DE MAXIA OU CIENCIA? no que se elaboraron diferentes receitas de apocemas que tiñan como nexo de unión a mesma reacción química.
Aquí vos deixo a entrada do blog onde o explicamos:
👉RECANTO DE MAXIA OU CIENCIA?👈
Posteriormente os alumnos e alumnas de 5º andiveron a xogar coa ciencia a través de diferentes experimentos (pincha no título para ver o video):
Por último, quédame por contarvos que os nenos e nenas de 4º ofrecéronse a expoñer o proxecto dos volcáns no que tanto traballaron o mes pasado.
Estas exposicións aos outros cursos (con explosión volcánica incluída) realizáronse na Biblio e todos quedaron ENCANTADOS!
👋
Ningún comentario:
Publicar un comentario