Este curso despois de moooitos e longos cursos.. por fín podemos volver a usar a biblioteca durante os recreos.
Teca está abraiada, xa que cada semana hai máis nenos e nenas que a anterior... ESTAMOS FELICES!!!!
Hai que ter en conta que isto non podería ser posible sen a axuda dos nosos voluntarios e voluntarias de 4º, 5º e 6º que colaboran: organizando o espazo, ordenando, dinamizando xogos e dirixindo os obradoiros. Obradoiros???? Sí, sí .. na biblio cada mes temos un obradoiro cunha temática distinta.
📅En outubro, ao ser o mes do Samaín houbo un obradoiro de manualidades de Samaín. 🎃🎃
📅 En novembro por ser o mes da ciencia en galego, podíanse facer experimentos científicos🔎💉.
📅 En decembro está a haber un obradoiro de adornos navideños.🎄
Ningún comentario:
Publicar un comentario