domingo, 7 de febreiro de 2021

Celebramos o día da Paz

Debido a que este ano o noso PDI céntrase nos hábitos saudables, comprendendo éstes unha alimentación sostible e saudable; pareceunos moi oportuno averiguar se o noso xeito de alimentarnos ten repercusións na vida doutras persoas.
Isto invitounos a reflexionar e a facernos preguntas:
  • Cando escollo un alimento no super, ten repercusións noutras partes do mundo? 
  • Afectan as miñas eleccións ao benestar doutras persoas?
  • Teño uns hábitos alimenticios sostibles?
  • Desperdicio moita comida? 
  • Cales son os países que producen máis desperdicios e os que menos?

Cada curso escolleu un país, averiguou o que desperdicia un habitante dese país cada día. Despois pesouno e reflexou os datos nun gran mural no que participaron todas as clases de primaria e no que se pode comparar facilmente os datos de distintas partes do mundo.

          


Cada aula gravou un pequeno video coas reflexións deste traballo levado a cabo durante a última semana de xaneiro.



Para rematar o noso traballo cada neno e nena debuxou un alimento sostible e saudable  e os pegamos na nosa pomba coa intención de simbolizar que a nosa alimentación futura contribúa a manter un equilibrio medioambiental e  polo tanto unha mellor distribución dos alimentos. Así de chula nos quedou...



E o venres chegou a nosa celebración, como desta vez non podíamos xuntarnos para celebrar, decidimos repartirnos polo NOSO CAMIÑO💚, porque como ben sabedes, se hai algo que nos mantén unidos no cole este curso é o proxecto Sementa Camiño. Así que fixemos unha cadea branca pola paz, para simbolizar a nosa unión no camiño cara a paz. 


...e recorda  "Non desperdicies, favorécenos a todos".





Ningún comentario:

Publicar un comentario