mércores, 18 de marzo de 2020

Investigación para o PDI



No mes de xaneiro, grazas a todo o aportado polas familias, nas clases puxémonos mans á obra. Unhas clases reflexionaron sobre a cantidade de residuos, sobretodo plásticos que xeneramos no Nadal. Outras sobre os materiais dos que estaban feitos os nosos xoguetes. Unhas valoramos se os xoguetes con pilas, que contaminan moitísimo, nos entreteñen máis que os outros ou soamente xogamos con eles os primeiros días. Cada clase o enfocou dun xeito diferente, pero todos reflexionamos moito sobre o tema...


Empezamos a colocar os traballos de investigación que fixeron nas clases.






Os de 4º desmontaron un coche para poder separar tódolos materiais dos que estaba feito e así analizar canto tardarían os distintos materiais en descompoñerse.







Os de infantil fixeron unha representación gráfica da cantidade de xoguetes que teñen nas súas casas de cada materia. Fixádevos que grande é a columna dos xoguetes de plástico... Gañan por goleada..















Ningún comentario:

Publicar un comentario