Como sabedes xa estamos a pensar no vindeiro curso...
O outro día Teca propúxonos dous temas a escoller:
Olimpia e Coruña..
O luns e o martes todos o nenos e nenas do cole acudimos a depositar o noso voto
Como sabedes xa estamos a pensar no vindeiro curso...
O outro día Teca propúxonos dous temas a escoller:
Olimpia e Coruña..
O luns e o martes todos o nenos e nenas do cole acudimos a depositar o noso voto
Ola amig@s!
Son Teca. Hoxe estiven reunida cos voluntarios e voluntarias de quinto e sexto para darlles un agasallo en agradecemento ao traballo de todo este curso.
Grazas equipo por achegarvos cada mércores á biblio a colaborar e traballar na súa organización e funcionamento!👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Espérovos o vindeiro curso..💜💜💜💜
![]() |
Voluntari@s de sexto. Ata sempre!!!! |
![]() |
Voluntarias de quinto. Contamos con vós o próximo curso! |
Acordádesvos de que os nenos e nenas da escola de Barrionovo puxeron a funcionar a súa impresora 3D para facernos uns abalorios en forma de aros olímpicos?
Pois ben, estes días estivemos a elaborar as nosas pulseiras. Os nenos máis grandes, é dicir os padriños e madriñas, foron ás aulas dos seus afillados a botarlles unha man. E así de chulas nos quedaron.
Psss!
Son Teca!
Pásome para contarvos, así, sen que me escoite ninguén, que estamos a converter a Biblio nun plató de televisión...
A ver en qué queda todo isto... pero seguireivos informando en canto me entere de máis cousas. 😉😉
Boas, rapac@s!
O final de curso aproxímase e dende o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma estamos coa recta final a tope!
Fai unhas semanas fixemos un encargo moi especial aos nosos amigos e amigas da EEI Barrio Novo. Eles contan cunha impresora 3D e nós precisabamos uns aros olímpicos para unhas pulseiras que servirán como agasallo e broche final do noso PDI sobre os Xogos Olímpicos. Posto que serán 350... xa están mans á obra imprimíndoas para nós.
Moitas grazas compañeir@s!
Temos un novo xogo na biblioteca. O fixeron os nenos de 4ºA e 4ºB pero o está aquí para todos.
Chámase a COLMEA, temén coñecido como HIVE, e pódese xogar en parellas ou en dous grupos. As instrucións as tedes xunto as pezas e detrás de cada insecto veredes como é o seu movemento.
Aquí vedes como o crearon.