O xoves pasado foi 25 de Novembro, e como vimos facendo en cursos anteriores, conmemoramos o Día Internacional da Violencia de Xénero.
Estas foron algunhas das propostas:
- Dende a Biblioteca a nosa amiga TECA recopilou algúns libros de interese para reflexionar sobre o significado deste día.
- Tamén se facilitaron curtametraxes e cancións como a de Rozalén: "La puerta violeta" para facer escoita activa, reflexións e análise do seu significado.
- Unha vez realizada esta actividade os alumnos foron baixando á entrada para cruzar a nosa porta violeta e participar na DIANA "Acerta pola non violencia" intentando acertar en actitudes positivas que combatan a violencia.
- Como actividade final, todos os rapaces do centro participaron nunha andaina simbólica: a IX ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.